Concello de Crecente

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Concello de Crecente

Benvidos a páxina web do concello de Crecente,este atópase situado no sureste da provincia de Pontevedra, no limite da provincia, lindando con Ourense e facendo fronteira da comunidade e do estado con Portugal, nun entorno natural paradisíaco, co río Miño como testemuña de excepción dunha terra que ascende dende o propio río ata os montes da Cañiza como quen ascende o ceo, e que deixa no seu paso unha fértil terra na que sobresae a calidade dos viños que de aquí emanan.

Quero agradecer a súa visita virtual, desexando que lles sexan de utilidade as informacións contidas nesta páxina, as novas tecnoloxías poñen a nosa disposición unha excelente ferramenta para ofrecer información sobre os servizos que presta o concello, sobre a sua estructura e funcionamento. Esta páxina pretende ser un escaparate do noso concello, da nosa hospitalidade, das suas fermosas paixases e dos nosos monumentos, queremos compartir con todos vos algo da nosa historia e o noso presente, e tamén por que non. mirar xuntos de cara o futuro.


Un cordial saudo

Julio César García-Luengo Pérez