Casa do Concello
Rúa Solís Ruíz Nº 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
Teléfono: 986 666 300
Fax: 986 666 251
Horario de atención traballadora social: Luns, martes e xoves de 09:00 a 14:30 Horario de atención educadora familiar: Mércores e xoves de 09:00 a 14:30
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Crecente traballa activamente para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de todas as persoas e grupos do municipio.
As iniciativas desenvolvidas inciden especialmente nos cidadáns que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva. A atención primaria é a máis próxima aos cidadáns para buscar respostas ás demandas e necesidades das persoas.
Desde a Concellería de Asuntos Sociais do Concello anímase a todos os veciños a participar nas diferentes actividades, ofrecendo diferentes alternativas tanto de lecer como formativas para persoas de todas as idades.
Programas que se levan acabo
Programa de axuda no fogar e apoio á unidade de convivencia
Conxunto de tarefas realizadas por persoal cualificado no domicilio do destinatario e no seu contorno social, que se instrumentalizan para atender determinadas necesidades dos individuos e/ou grupos familiares cando estes atópense en situacións nas que non é posible a realización das actividades cotiás.
Programa de prevención e inserción social
Proceso de intervención social que, co obxectivo último de mellorar o benestar e a calidade de vida das persoas ou grupos, actúa sobre os factores asociados á orixe de diferentes problemáticas ou necesidades sociais, desenvolvendo actuacións concretas para evitar a súa aparición, reaparición ou agravamento. Supón a configuración de prestacións específicas, programas ou accións instrumentais de tipoloxía diversa.
Reparto de alimentos do Fondo de Axuda Europea Para os Máis Necesitados (FEAD)
Mensualmente, cara a finais de mes e salvo raras excepción, lévase a cabo a repartición de alimentos procedentes dos excedentes da Comunidade Europea, que se reparten entre aquelas persoas e/ou familias máis necesitadas do municipio.
Programa de información, orientación e asesoramento
Facilitar ao cidadán e á comunidade, en xeral, o coñecemento e acceso aos recursos sociais nunha relación de axuda profesional que garante unha resposta idónea ás necesidades recoñecidas como propias do ámbito de actuación dos servizos sociais: pensións non contributivas, RISGA, asistencia sanitaria, axudas económicas non periódicas...
Aloxamento alternativo
Conxunto de actuacións que se realizan para conseguir que o individuo en situación de necesidade conte cun marco estable para o desenvolvemento da convivencia: acollida familiar.
Programa de educación familiar
Procedementos:
Pensións non contributivas.
Título de familia numerosa.
Renovación do título de familia numerosa.
Recoñecemento do grao de discapacidade.
Termalismo social.
Turismo social.
Vacacións para maiores.
Inclusión como beneficiario en asistencia sanitaria.
Asistencia sanitaria a persoas sen recursos.
Teleasistencia domiciliaria.
Bono social de Telefónica.
Bono social de electricidade.
Servizo de Axuda no Fogar.
Renda de Integración Social de Galicia (RISGA).
Recoñecemento de situación de dependencia e dos dereitos ás prestacións do sistema.
Axudas de emerxencia social.
A educadora familiar realiza una diagnose individual de cada núcleo familiar obxecto de intervención, así como a elaboración e execución, mediante o continuo contacto interpersoal, de proxecto de intervención familiar de acordo coas familias destinatarias, sendo estas as familias en situación de risco do Concello de Crecente.
Todo isto lévao a cabo a través de diversas tarefas como son:
Axuda na organización da economía doméstica.
Pautas para a hixiene persoal e do fogar.
Apoio a nivel educativo.
Seguimento no centro educativo ao que acoden os menores.
A escoita activa aos diferentes membros que compón a familia.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.