Foi fundada en 1984, e procedeuse á plantación de viñedos ata alcanzar as primeira 26 hectáreas na 1º fase, alcanzando actualmente 60 ha.
Paralelamente construíuse unha adega modélica tanto pola súa concepción arquitectónica como pola súa dotación técnica.
En xullo de 1996 Grupo Reboreda Morgadío faise cargo da Adega Morgadío cunha ampliación para poder elaborar a totalidade da uva que producen os propios viñedos, que desde a súa plantación, foron aumentando paulatinamente en cantidade e sobre todo en calidade pola propia formación das cepas. Isto acompáñase coas mellores na tecnoloxía de elaboración.
Os chans da leira son franco areosos, pouco profundos e lixeiramente acedos, e o clima suave, tépedo e húmido, con clara influencia atlántica: son as condicións idóneas para a obtención de viños de marcada personalidade.
Os seus viños son “Capricho de Morgadío” e “Morgadío Albariño”.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.