Castro ou asentamento fortificado da
Idade do Ferro localizado nunha elevación do terreo na
marxe dereita do río Miño, concretamente no lugar coñecido como "
A Mariñiña".
Este castro con
forma elíptica,
próxima á circular, encóntrase fortemente alterado, debido aos axentes naturais, ás actividades forestais, agrícolas e extractivas. Exemplo diso é que a croa está actualmente ocupada polo campo da festa, pavimentado con lastra, cun banco de pedra corrido e un palco.
Na superficie desta croa, hai numerosos afloramentos graníticos e os
restos dun antigo muíño de vento de corpo cilíndrico, executado en cadeirado granítico con portas e ventás alinteladas que na actualidade non presenta cuberta, a cal sería cónica. A estraña presenza dun
muíño de vento na zona, pode ser debida á ausencia de importantes caudais de auga ou ás secas de verán, o que impediría o funcionamento dos habituais muíños de auga.
Galería:
Localización: