Concello de Crecente

Patrimonio

Ermida de Fátima
Coto nº 17 - 36420 Crecente (Pontevedra)
Época: Século XX
Estilo: Moderno
Estado conservación: Bo
Titularidade: Eclesiástica
No chamado Coto da Cruz, a 287 m sobre o nivel do mar localízase a ermida de  Nosa Señora do Rosario de Fátima, un dos primeiros templos dedicados a esta virxe en Galicia.

Trátase dunha construción de mediados do século  XX. Trátase dunha capela rectangular a dúas augas con ábsida imitando a un sinxelo  románico e unha pequena sancristía encastada. A súa sobria portada contén tres portas con arco de medio punto, un  óculo e é coroada por unha espadana.

A imaxe de Fátima venerada foi tallada en Leiría (Portugal) e bendicida no famoso Santuario de Fátima portugués. Atravesou o río Miño por Salvaterra no ano 1948 e foi recibida con gran entusiasmo pola xente desta comarca quen a levou aos ombreiros ata Crecente percorrendo as parroquias deste  concello. Esta capela fíxose á mantenta para a súa  veneración entre 1953 e 1955 mentres a imaxe resgardábase na igrexa parroquial.

A súa festividade é o 13 de maio que se converte nunha das festas relixiosas máis importantes de Crecente.

No alto sobre unha gran roca existe unha cruz con pedestal que dá nome á lomba, a cal fai de fronteira entre as parroquias de Ribeira, Quintela e Crecente, como así o demostran dúas letras (“Q” e “R”) gravadas nesa roca e un sinal vertical de metal con ambas as iniciais. Un terceiro símbolo similar a unha “M” atópase na mesma roca.

Contan as historias que fai centos de anos neste alto con outrora vistas admirables, os aldeáns rendían culto pagán á lúa chea e crecente, o cal puido reflectirse no actual escudo de Crecente, que presenta unha lúa en fase crecente, por suposto.
 

Galería:

Localización:

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar