Carreira nº 18 - 36428 Angudes - Crecente (Pontevedra)
Época: Século XVIII
Estado conservación: Bo
Titularidade: Eclesiástica
Enmarcada no século XVIII, é levantada sobre outra pequena ermida que existía no lugar. Presenta unha portada con arco de medio punto con grandes doelas e un óculo cercado por unha moldura plana. Espadana central de dobre van. Posúe dúas capelas laterais, unha a cada lado da nave o que crea unha planta en cruz latina, cunha ábsida que destaca en altura. Cuberta a dúas augas. Ao campanario accédese pola escaleira exterior. Posúe un reloxo de sol.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.