Inicio: Lugar do Forno da Tella (Filgueira)
Fin: Lugar do Forno da Tella (Filgueira)
Distancia: 9,5 Km.
O trazado transcorre por parte do antigo Camiño Real, tamén chamado “Vereda Pública” (antiga vía principal de comunicación entre os Reinos de Castela e Galicia).

Ao longo do sendeiro o camiñante vaise atopar coa natureza en todo o seu esplendor, variedade e cor: murmurio das augas do regato de Paizás, e das trece fontes ubicadas ao longo do camiño; as tranquilas e cristalinas augas do Río Miño; a ampla variedade de especies arbóreas...

No transcurso do sendeiro tamén nos atopamos con importantes restos histórico-artísticos como a Capela de San Xosé e a Igrexa de Filgueira (que data do século XVIII), cruceiros, petos de ánimas, canastros, muíños e pontes.

É produto local de obrigada referencia o queixo tetilla de Filgueira.  

Este roteiro foi creado pola asociación veciñal.
 

Localización:

Documentos:

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar