O pazo de “O Barreiro” está situado no barrio de A Serra, na parroquia de Vilar, a 6 km. da autovía das Rías Baixas, nunha posición estratéxica sobre unha ladeira do monte dominando unha
paisaxe de viñedos, socalcos e aldeas.
O pazo de Barreiro ten unha estrutura que responde a un
pazo defensivo, estratéxico, roqueiro: fábrica de granito, paredes de gran espesor, ás laterais ou martelos, balconada monumental, escaleiras de pedra onde poden apreciarse as pegadas do tempo, troneiras, patio pechado, capela, adarve, restos de defensas que imprimen ao conxunto o carácter de baluarte estratéxico nas distintas guerras vividas en España. A primeira edificación,
"Torre do Couto" remóntase ao século
XIV; a actual, pacificada a fronteira cos lusitanos e solar dos Troncoso Sarmiento de Lira e Soutomaior, é do século XVII.
Ademais da súa admirable beleza arquitectónica e paisaxística dispón de: sete habitación dobres e unha suite, con capacidade para cinco persoas, todas elas equipadas con cuarto de baño completo e televisión. Tamén conta con salóns para reunións, sala de estar, bar, comedor, bodega-lagar, onde se poden degustar os viños de colleita propia e licores e biblioteca. No exterior dispón de piscina, canastro, xardín de camelias, pombal, muíño “de herdeiros”, eira empedrara e aparcamento.
Galería:
Localización: