Ayuntamiento de Crecente

Noticias

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) promove e coordina o desenvolvemento rural en Galicia. Este desenvolvemento ten como finalidade mellorar a calidade e as condicións de vida das habitantes do medio rural galego ao tempo que se contribúe á cohesión do territorio.

Unha das liñas de coordinación é a que abriu a Lei de recuperación de terra agraria cuxo principal obxectivo é loitar contra o abandono e a infrautilización das terras e facilitar unha base territorial suficiente a aquelas explotacións que a precisan, á vez que procurar anticiparse aos incendios e traballar, en definitiva, pola recuperación demográfica e pola mellora da calidade de vida da poboación no rural.

A xestión adecuada da terra agraria é imprescindible para conseguir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, os obxectivos do Pacto Verde da UE e os do Pacto Europeo polo clima. Ademais, a seguridade esixe garantir a competitividade das explotacións agrícolas e a resiliencia dos sistemas alimentarios locais e rexionais, polo que resulta esencial protexer un recurso escaso e non renovable como é a terra agraria, así como asegurar o seu acceso aos produtores agroalimentarios.

Gracias a esta iniciativa, o Concello de Crecente conta cun polígono agroforestal en Mandelos que permitirá mobilizar 45,04 hectáreas de superficie, divididas en 391 parcelas propiedade de 183 veciños e veciñas do concello. 

Así pódese consultar toda a información dispoñible da fase na que se atopa actualmente o proxecto na web habilitada polo AGADER ou estar ao tanto de calquera actualización, charlas informativas ou procesos nas redes do concelllo de Crecente en facebook @concellodecrecente onde se proporciona información actualizada sobre o instrumento de recuperación da terra agraria posto en marcha no Concello e seguir o estado do procedemento ya en fase de aprobación.


 
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Ayuntamiento de Crecente
  • Calle Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De lunes a viernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle y Vilar.

© 2020 Ayuntamiento de Crecente - Todos los derechos reservados // Diseño maquetación y programación web a medida Grupo5.com

En nuestra web se utilizan cookies propias y de terceros con finalidad analítica y de marketing. Para continuar navegando es necesario aceptar la política de cookies.

Política de Cookies Aceptar