O concello remata as obras de "Mellora de camiños municipais en Carreira, Albeos e Santa Mariña, Ribeira" cofinanciadas polo FEADER
As obras ampáranse nunha subvención por importe de 32.051,00 euros, para a execución da obra “MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS EN CARREIRA (ALBEOS) E SANTA MARIÑA (RIBEIRA)” ao abeiro do
Plan Marco: Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader), ao amparo do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 27, do 10 de febreiro de 2020) e poñen de manifesto o interese do
Concello de Crecente de actuar a prol da mellora de camiños municipais, de acceso a parcelas agrícolas, favorecendo así o desenvolvemento de cultivos (viñedos, hortas, froiteiras, oliveiras…), pastos, instalacións agrícolas etc., favorecendo unha economía máis sustentable no medio rural.
Actuacións realizadas
As actuacións consistiron en mellorar a drenaxe dos viais, mediante limpeza e execución de novas cunetas, así como redes de recollida de augas pluviais que drenen a auga superficial das calzadas. Tamén a renovación parcial da capa de rodadura dos viais que se atopaban nun estado de deterioración moi elevada, con numerosas fochancas
e irregularidades. Aproveitando as actuacións repuxéronse as instalacións de servizos afectadas polas obras.
Coas actuacións previstas conséguese mellorar a infraestrutura existente ademais das instalacións de servizos municipais existentes no tramo afectado co obxectivo de mellorar o
acceso ás distintas parcelas de uso agrícola que se atopan na contorna próxima e veranse directamente beneficiados polas actuacións.
Desta maneira tamén se consegue dar resposta a unha solicitude recorrente dos veciños das zonas afectadas e que utilizan os distintos camiños para acceder ás súas parcelas agrícolas e instalacións gandeiras.