Concello de Crecente

Noticias

O Concello de Crecente súmase ao Día Internacional da Muller, 8 de marzo

O concello de Crecente quere destacar, hoxe, 8 de marzo, a importancia da transversalidade de xénero nas políticas públicas, políticas nas que o eixo debe ser promover a igualdade de xénero, o liderado das mulleres e a eliminación de calquera discriminación contra a muller para conseguir a súa plena participación na sociedade, nas mesmas condicións que os homes.


En 2022 cúmprense 70 anos desde que Nacións Unidas instaurou o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller, aínda que non foi ata 1975 cando se conmemorou por primeira vez cos obxectivos de promover a igualdade de xénero, o liderado das mulleres e a eliminación de calquera discriminación contra a muller para conseguir a súa plena participación na sociedade, nas mesmas condicións que os homes.

Unha data coma esta invítanos a reflexionar sobre a evolución das condicións de vida e o traballo das mulleres de todo mundo, pero tamén nos anima a fomentar accións que contribúan a mellorar e afianzar eses avances. E nesta andaina é indiscutible o papel que xogou o movemento feminista e todo o tecido asociativo, unha ferramenta para o apoderamento persoal e colectivo que permite seguir afondando na “sororidade” a través de redes de colaboración, que son a base para unha verdadeira igualdade.

Recoñecer as aportacións de todas esas mulleres e nenas, celebrar a valentía e a determinación de todas esas voces transgresoras e esixir máis cambios para a consecución da plena igualdade, faise máis imprescindible hoxe ca nunca.

É para iso é necesario visibilizar e por en valor a esas mulleres referentes, para dotar de exemplos reais ás xeracións máis novas. Mulleres pioneiras, de todo tipo de disciplinas e sectores, que coas súas experiencias, a súa sabedoría e o seu talento poidan iluminar o camiño das máis novas.

E nese andar, os principais compromisos do Goberno galego residen en: apoiar o liderado feminino e a participación das mulleres en todas as esferas da sociedade, garantir o dereito á igualdade de trato e á non discriminación por razón de xénero e reivindicar o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, mediante o fomento da redistribución de roles no fogar así como da igualdade no ámbito laboral.
 
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar