"Familias emocionalMente intelixentes" e "Educar con intelixencia emocional" obradoiros no mes de novembro dirixidos a familias
Os obradoiros nos que haberádous grupos, en ambos casos, de 16.30h a 18.30h e de 19.00h a 21.00h, contarán con servizo de canguro de balde
Crecente, 27 de outubro do 2021
"Familias emocionalMente intelixentes"
Do 5 ao 12 de novembro, o concello de Crecente levará a cabo obradoiros formativos dirixidos a familias "emocionalMente intelixentes"
Tomar conciencia das nosas emocións ao educar e apreder a interpretalas e comprendelas e falar cobre a importancia das emocións e beneficios de educar as sensibilidades de nenos e nenas, ao tempo que se aprenden técnicas de relaxación, pensamento positivo ou entender as claves para empatizar cos fillos e fillas.
"Educar con intelixencia emocional"
Do 16 ao 29 de novembro, amosaranse recursos para axudas aos cativos e ás cativas a tomar conciencia e expresar as súas emocións, técnicas de relaxación, pensamento positivo, confianza e potenciar a empatía e a responsabilidade nos procesos de toma de decisións.
Inscricións
Nos dous obradoiros haberá dous grupos:
Grupo A: de 16.30h a 18.30h
Grupo B: de 19.00h a 21.00h
Todas as persoas interesadas poden porse en contacto para solicitar información ou inscribirse no teléfono 625 554 992 ou no correo electrónico info@talentearrhh.com
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.