Concello de Crecente

Noticias

Ábrese o prazo para solicitar axudas ao sector hostaleiro do concello de Crecente

- As solicitudes deben presentarse a través da sede electrónica do Concello segundo o formulario normalizado do Anexo I
- Toda a información está dispoñible na Base de Datos Nacional de Subvencións no seguinte enderezo: https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/590000

Crecente, a 20 de outubro do 2021

Con carácter xeral, o obxecto desta liña de axudas municipais busca paliar en parte a perda de ingresos dos sectores afectados pola crise da COVID-19, como pode ser hostalaría e o comercio, sempre que sexan pemes con ata 10 persoas empregadas e autónomos.
A finalidade é promover, reactivar e contribuír ao mantemento da actividade económica, o emprego e a competitividade dos sectores citados para que poidan facer fronte ás consecuencias da pandemia producida polo COVID-19, especialmente a aquelas relacionadas coa paralización da actividade e a forte diminución da súa actividade en aplicación das distintas medidas restritivas de protección fronte ao COVID 19, principalmente as establecidas no Decreto 8/2021, de 26 de xaneiro, da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e da Orde de 26 de xaneiro de 2021 da Consellería de sanidade e as súas posteriores modificacións.

Beneficiarios:

PEMES con ata dez persoas empregadas, que cumpran os requisitos seguintes:

-Que actividade estivese pechada durante o ano 2020/2021 debido ás medidas restritivas de protección fronte ao COVID19 ou que a actividade non estivera obrigada ao peche pero tivese unha baixada de facturación de alo-menos o 40%, comparando os datos de facturación anual do 2020 cos datos de 2019.
-Que a actividade se desenvolva dentro do termo municipal de Crecente independentemente de onde radique a súa sede oficial.

Gastos subvencionables:

Con carácter xeral, consideraranse subvencionables os seguintes gastos relacionados coa actividade da empresa, realizados e efectivamente pagados entre o 1 de abril do 2020 e o 31 de decembro do 2021.
— Alugueres (bens mobles e inmobles)
— Subministración: Luz, auga, electricidade, saneamento
— Seguros de responsabilidade civil e accidentes
— Compra de mercadorías relacionadas coa actividade
— Gastos derivados dos salarios do persoal contratado por conta allea excluídas as retencións
— Gastos financeiros directamente relacionados coa actividade

As axudas contan cun importe total de 5.865,40 euros

As axudas contan cun importe total de 5.865,40 euros financiaciado con cargo á MODIFICACIÓN BASES REGULADORAS DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2021 da Deputación de Pontevedra, publicada no BOPPO número 32 do mércores, 17 de febreiro do 2021, pola que se introduce unha disposición adicional de medidas destinadas ao financiamento dos gastos derivados da liña de axuda para os sectores máis afectados pola situación pandémica que xestionen os concellos: Debido ás circunstancias económicas adversas, derivadas da crise que estamos a padecer, os concellos teñen que facer fronte con medidas excepcionais en apoio dos sectores económicos máis afectados. Para apoialos nestas medidas supleméntase a liña 2 cun millón seiscentos corenta e catro mil novecentos sesenta e nove euros con corenta e dous céntimos de euros (1.644.969,42€), imputables contra a aplicación orzamentaria 2021/942.9425.462.44.Este crédito distribuirase en base á variable de poboación, un dos criterios de reparto que se regulan na base.Estas axudas poderanse destinar unicamente a financiar as aportacións económicas directas destinadas ou que se vaian a destinar aos sectores da hostalería, comercio, axencias de viaxe, ximnasios ou similares sempre que sexan pemes ata 10 persoas e autónomos.
En data de sinatura 12 de febreiro do 2021 comunícase o repartimento adicional para Liña 2 (Axudas económicas para os sectores máis afectados pola pandemia, do Plan Concellos 2021, e en aplicación dos criterios obxectivos de repartimento establecidos na disposición adicional aprobada polo Pleno determinouse que a cantidade adicional que lle corresonde ao Concello de Crecente ascende a 5.865,40 euros.
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar