Concello de Crecente

Noticias

O concello de Crecente abre o programa Ler conta Moito, co espectáculo "O que levamos nas maletas" de Magín Blanco.

Trátase dun Programa de dinamización da lectura que ofrece ás bibliotecas públicas da Rede, na que está incluída a Biblioteca Municipal de Crecente, actividades coas que achegar á cidadanía á lectura e a información de xeito lúdico, financiado con caro a unha subvención da Xunta de Galicia

O Concello propón dúas actividades que se suman á xa celebrada o día 20 de setembro, os xoves 14 e 28 de outubro ás 12h.

O xoves día 14 de outubro a Biblioteca acollerá "Maxia de aquí e de acolá" dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos. O espectáculo é unha mistura entre maxia, comedia e improvisación, onde a participación do público está presente en todo momento.Unha escenificación versátil e áxil que tranmite habilidade e enxeño usando elementos cotiáns e tradicionais, elementos que poden emerxer da nada, esvarecerse, levitar ou trocar de apariencia.

O xoves, día 28 de outubro, ás 12h, "A verdadeira historia de Hamelín" clown, malabares e moito humor, son as chaves de esta adaptación circense de "O frautista de Hamelín"



 

Galería:

Ligazóns:

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar