Concello de Crecente

Noticias



A Xunta de Galicia pon en marcha un novo Plan de Rescate con axudas directas, coa idea de achegar liquidez e contribuír a preservar o emprego e garantir a viabilidade económica do tecido produtivo.

Estruturado en dúas liñas, este 2º Plan de rescate prevé apoios para persoas traballadoras autónomas e  microempresas e contempla ademais unha liña específica de axudas dirixidas a establecementos hostaleiros e outras actividades que tiveron que pechar por recomendación sanitaria desde xaneiro de 2021.


Aquelas persoas interesadas poden consultar toda a información, procedementos, modelos e requisitos na sede electrónica da Xunta de Galicia

As axudas pódense solicitar ata o 18 de marzo deste ano, 2021 tanto persoas autónomas como microempresas.

Así, lembrar que ata o 1 de marzo estará aberto o procedemento IG524E polo que se poden solicitar Axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalería e restauración e a adquisición de elementos de envasado e  empaquetado para o servizo de consumo no domicilio, financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo  Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19

 
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar