O Concello de Crecente mellora o camiño de Paradela, na parroquia de Angudes, gracias á financiación do AGADER mediante a convocatoria de subvención do Plan de Mellora de Camiños da anualidade 24-25. Próxima a rematar a primeira anualidade o concello comezou os trballos que se prolongarán un mes máis, e cos que, cun investimento de case 50.000 euros financiadosAxencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) de Plan de Mellora de Camiños Rurais.
Con cargo a esta subvención, o concello de Crecente está a elaboran tamén un estudo da rede viaria municipal por importe de 7.200 euros
A mellora da rede viaria existente no medio rural para facilitar a accesibilidade ás explotacións agrarias, incidindo directamente na área focal 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola) e esencial para os concellos coma o noso.
As infraestruturas rurais xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo no medio rural; en particular, os camiños rurais facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio e, por outra banda, contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.
E como toda infraestrutura, precisan dun mantemento e acondicionamento para que poidan seguir cumprindo coas súas funcións. Neste senso, o Concello de crecente pririzou nesta convocatoria o barrio de Angudes e as obras se atopan en fase de xustificación da primeira anualidade.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.