O concello de Crecente realiza unha diagnose en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, paso previo á aprobación do Plan de Igualdade Municipal
A diagnose da situación actual en materia de Igualdade de Oportunidades e prevención dá Violencia de Xénero no municipio éo paso previo ao Plan que abordará a loita contra a desigualdade dende unha perspectiva integrada, non limitándose soamente a execución dun determinado número de actividades, senón que buscará a implicación de todos os factores, colectivos, e institucións de face á creación dunha verdadeira cultura igualitaria e respectuosa con todos e todas, no marco do Proxecto de “DIAGNOSE DE SITUACIÓN, DEFINICIÓN DE RETOS ESTRATÉXICOS E PLAN DE ACCIÓN PARA O PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE CRECENTE financiado pola DEPUTACIÓN de PONTEVEDRA, no marco das subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2021 e as bases reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2021, polas que a institución provincial concedeu unha subvención ao Concello de Crecente por importe de 4.247,32 euros.
Obxectivos:
Consolidar o compromiso do Concello de Crecente coa Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes e a Prevención da Violencia de Xénero.
Corrixir as situacións de desigualdade detectadas na análise dos datos socio demográficos, socioeconómicos e dos datos obtidos nas entrevistas individualizadas.
Perfilar unha estratexia tanto para a continuidade, como para a posta en marcha de medidas para garantir cambios estruturais e permanentes no tempo, promovendo un desenvolvemento social dende os principios de igualdade entre mulleres e homes, solidariedade e xustiza.
Difundir e poñer en marcha o I PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES DO CONCELLO DE CRECENTE (2021-2025).
Avanzar na incorporación da perspectiva de igualdade entre mulleres e homes de xeito transversal na participación política, económica e social.
Fomentar a sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Informar e sensibilizar á poboación contra a violencia de xénero.
Aplicar unha linguaxe non sexista en tódalas comunicacións emitidas polo Concello de Crecente.
Garantir unha atención integral ás vítimas de violencia de xénero.
Fomentar a realización de accións dirixidas a propiciar a visibilización, o empoderamento e a autonomía das mulleres.
Sensibilizar ao conxunto da sociedade de Crecente sobre a importancia da conciliación e da corresponsabilidade no desempeño dos traballos domésticos e na atención das persoas dependentes.
Promover hábitos de vida saudables para contribuír ao benestar físico, psíquico e social de mulleres e de homes desde unha perspectiva de igualdade.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.