A Xunta de Galicia e o Concello de Crecente avanzan na implementación dun polígono agroforestal en Mandelos- Os Fernández, en Crecente.
O proxecto, para o cultivo de vuñedo abarca 45 hectáreas distribuídas en 391 parcelas de 183 persoas propietarias
Crecente, 27 de outubro do 2021
O alcalde, Julio César García Luengo acompañou esta fin de semana ao Conselleiro de Medio Rural, José González, á reunión cos veciñose e coas veciñas de cara a implementación do polígono agroforestal, no lugar de Mandelos e que afecta a parcelas no entorno de Os Fernández, que abarcará unha superficie dunhas 45 hectáreas, distribuídas en 391 parcelas de 183 propietarios e estará orientado ao cultivo de viñedo, para dar servizo á denominación de orixe Rías Baixas.
A Xunta investirá 5,3 millóns de euros o próximo ano para impulsar ferramentas da Lei de recuperación da terra. José González explicou ademais que esta ferramenta dos polígonos céntrase “na volta á produción de grandes áreas de terra potenciando os tres usos do chan –agrario, gandeiro ou forestal–”.
O titular de Medio Rural destacou durante a reunión, á que tamén asistiu a directora xeral de AGADER, Inés Santé, que “a posta en marcha desta norma contribuirá tanto a xerar actividade económica no agro como a fixar poboación, á vez que se avanza na anticipación aos incendios forestais”.
Precompromisos das persoas titulares
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a empresa ESPOAGRO enxeñería estarán na Casa Cultural de Villar dende o luns, 8 de novembro ata o venres 12 de novembro en horario de 10.00h a 14.00h e de 15.30h a 18.30h, para que as persoas interesadas poidan consultar as súas dúbidas e preguntas, así como requerir toda a información que precisen.
Aqueles que non poidan acudir nesas datas poden
solicitar CITA previa no teléfono 988 37 27 08
Consulta de planos
Os planos xa están dispoñibles en internet, na páxina web da empresa, no enderezo: http://www.esproagro.com/planos-mandelos-g.html
Así mesmo, están disponibles en formato físico nas oficinas do Concello en horario de mañá de 9.00h a 14.00h e na Biblioteca Municipal en horario de tarde