Esta fin de semana o Concello deu comezo as actividades de lecer programadas para o mes de agosto.
Coa colaboración da Xunta de Galicia, a trvés do AGADIC, e con cargo á subvención para o fomento das Artes Escénicas e musicais nos concellos con motivo do Xacobeo 20-21: Cultura no camiño, o Concello de Crecente organiza tres actividades dirixidas ao público en xeral, para animar ás fines de semana do mes de agosto.
A compañía Oidako, co espectáculo "Tempos modernos" abriu o "
verán cultural" o pasado día 6 de agosto, dando paso a unha fin de semana de música clásica e folk.
O
venres día 20 ás 22.00h,
circo, maxia e humor, daranse cita na praza do concello e o
sábado 28 de agosto, ás 20.00h recibiremos no concello a vista de
"Seres fantásticos"
Ambos espectáculos "A gran gala do circo, maxia e humor" e "Seres fantásticos" serán a cargo da compañía Especialistas Hípica Celta, galegos cunha ampla traxentoria na nosa comunidade autónoma e fóra dela e con espectáculos dirixidos a todos os públicos que nunca decepcionan.